ADN
O ADN é a biomolécula que contén a información xenética para fabricar as proteínas das células e para que o organismo se desenvolva. Forman parte dos cromosomas e da cromatina.
Cando a célula está en repouso, a cromatina está dispersa no núcleo e no non son visibles os cromosomas, sin embargo, na fase S da interfase o ADN duplícase e a cromatina condénsase, facéndose visibles os cromosomas.
Os cromosomas están formados por dúas cromáticas idénticas (brazos) unidas polo centrómero.
As células sexuais son células haploides, con 23 cromosomas. e as células somáticas ( non sexuais ) son céluluas diploides,compostas por 46 cromosomas.
Os cromosomas homólogos son dous cromosomas idénticos entre sí . Un deles provén do pai e o outro da nai . Nestes cromosomas, os xenes están situados na mesma posición e no mesmo orde.
A única diferencia entre as moléculas de ADN de doús individuos diferentes da mesma especie, é a secuencia de nucleótidos
ESTRUCURA DO ADN
A súas estructura consta de dúas cadeas de nucleótidos enroladas entre sí, formando unha doble élice.
Trátase dun polímero formado pola unión de monómeros. Ditos monómeros son os nucleótidos. Estes, están formados por un mosacárido (desoxirribosa), , un ácido fosfóricoe unha base nitroxenada (unen as dúas cadeas) . Existen catro tipos de bases nitroxenadas:
-ADENINA
-TIMINA
-CITOSINA
-GUANINA
Estas bases son complementarias, o que quere dicir que sempre se agrupan formando as mesmas parellas. Así, a ADENINA e TIMINA sempre van xuntas (A-T, T-A ), e a GUANINA coa CITOSINA ( C-G, G-C )
XENES
Un xen é un segmento de ADN coa información necesaria para producir unha determinada proteína.