Son ao redor de 70 elementos químicos que constitúen as células. Os mais importantes son:
-CARBONO (C), OSÍXENO (O), HIDRÓXENO(H) e NITRÓXENO (N): constutúen case o 99% da masa da célula.
-FÓSFORO(P) e XOFRE(S): en cantidades menores, necesarias para o desenvolvemento das funcións vitales.
-FERRO (Fe)COBRE (CU) CINQ(Zn), POTASIO (K), SODIO (Na) FLÚOR (F) e IOSO (I): en cantidades moi pequenas, imprescindibles para o transporte o osíxeno e a propagación do impulso nervioso.
Cando os bioelementos se atopan en proporcións menores ao 0.1%, chámanse oligoelementos (oligo= pouco).
BIOMOLÉCULAS Asociación de bioelementos que dan lugar a moléculas que forman os seres vivos. Existen dous tipos segundo as combinacións:
*BIOMOLÉCULAS INORGÁNICAS (MINERAIS): -Auga: funcións de disolvente, transporte e regulador da temperatura (evita cambios bruscos na temperatura). -Sales minerais: forman estructuras esqueléticas e os ions interveñen en todos os procesos celulares.
*BIOMOLÉCULAS ORGÁNICAS: con carbono. Forma xenérica de unión de moléculas: - Monómero: unha molécula. -Dímero: dous monómeros unidos -Trímero: tres monómeros unidos. -Polímero: catro ou mais monómeros unidos entre sí.
Segundo a unión do tipo de moléculas. -Homopolímero: polímero de moléculas iguais. -Heteropolímero: polímero de moléculas distintas.
Tipos de biomoléculas orgánicas:
1.GLÚCIDOS: tamén chamados hidratos de carbonos ou azúcares. Están formados por C+H+O. Teñen función estructural e enerxética. Tipos: a. Monosacáridos: saben dulce e disólvense en auga. Poden estar formados por 5 C, ,dando lugar a ADN e ARN ou por 6C, orixinando glucosa (Función enerxética), fructosa e galactosa. b.Disacáridos: unión de dous monosacáridos, ten as mesmas características que os monosacáridos.Existen dous tipos de disacáridos: SACAROSA (gucosa+fructos, azucre común) e LACTOSA (glucosa+ galactosa, azucre do leite) c. Polsacáridos: moitos monosacáridos unidos entre sí. Os mais importantes son: GLUCÓXENO (animais, almacenan enerxía), a CELULOSA (vexetal, almacen de enerxía), o ALMIDÓN (en vexetais, función estructural) e a QUITINA (animais, función estructural).
2.LÍPIDOS: diferentes substancias sólidas (graxas) ou líquidas (aceite) formadas por C, H, O e en algúns casos, Fosfato (F). Non son solubles en auga e as súas funcións son reservar enerxía e dar estructura e consistencia á membrana celular.
3. PROTEÍNAS: compostas por C, H O, N e S. Trátanse de unión de aminoácidos (monosacáridos). Teñen funcións estructurais, de transporte (hemoglobina), defensa(anticorpos) e químicas (enzimas).
4. ÁCIDOS NUCLEICOS: conteñen C, H, O e N . A súa función é almacenar a información xenética necesaria para o funcionamento da célula. Existen dous tipos:
*ADN: formado por desoxorribosa, contén a información hereditaria da célula. Atópase no núcleo. Asúa estructura consta de dúas cadeas complementarias enroladas entre sí formando unha hélice. *ARN: Formado por ribosa, atópase en toda a célula. 3 tipos: ARNt (transferente), ARNm (mensaxeiro) e ARNr (dos ribosomas).