-VACUOLA: almacén de substancias que levan a cabo a osmoregulación (refugallos, nutrientes...). Nas células animais hai varias pequenas e nas vexetais hai unha ou dúas grandes.
-APARATO DE GOLGI: conxunto de sacos aplanados completa a síntese de lípidos, glícidos e proteínas, que ao finalizar saen como pequenas vesículas. En animais e vexetais.
-MITOCONDRIA: realiza a respiración celular para conseguir enerxía. Consta de dúas membranas, unha externa que a aisla e outra interna que forma unhas crestas, deixando un espazo libre no centro, chamado matriz. Ten ADN propio. Presente en células animais e vexetais.
-LISOSOMAS: contén substancias que realizan a dixestión . Saen do aparato de golgi. Consta dedúas subunidades: unha grande e outra pequena. En animais e vexetais
-CLOROPLASTO: realizan a fotosíntese, producíndose materia orgánica a partir de inorgánica. Solo en vexetais. Ten dúas membranas (interna e externa). Con ADN propio.
-CENTROSOMA: Dirixen os movementos do interior da célula, así como a división celular. Esta formado por dous centriolos e áster. Só en células animais.
-RETÍCULO ENDOPLASMÁTICO LISO: síntese de lípidos (sen ribosomas). En animais e vexetais.
-RETÍCULO ENDOPLASMÁTICO RUGOSO:síntese de lípidos e proteínas (con reibosomas). En animais e vexetais.
-CROMOSOMA: dirixe as funcións celulares, contén a información xenética. No nucleólo sintetizan so ARN ribosómicos. En células vexetais e animais
-PAREDE CELULAR: función protectora e de soporte, mantén a presión osmótica. Só en céluals vexetais.
-MEMBRANA CELULAR: illa a célula do exterior. En todas as células.
-MEMBRANA NUCLEAR: separa o núcleo do citoplasma. En animais e vexetais.
-CITOPLASMA: formado polo hiatoplasma (líquido) e os orgánulos. En todas as células.
-NÚCLEO: centro de control da célula.
-FLAXELO:Facilitan a mobilidade da célula. Son longos e escasos.
-CILIOS: prolongacións abundantes e curtas da célula que facilitan a súa mobilidade.
-CITOESQUELETO: rede de filamentos proteicos que se extenden polo citoplasma. Clasificados en : *MICROFILAMENTOS: responsables da contracción muscular, a formación de pseudópodos e do anel que reparte o citoplasma na división celular.
*MICROTÚBULOS: filamentos rectilíneos distrubuídos poloo citoplasma que participan no transporte e forman o fuso meiótico, os centríolos e os cilios e flaxelos.