É o conxunto de procesos mediante os cales as células adquiren e transforman a enerxía do exterior. Esta función comprende os procesos de intercambio de substancias, transformación delas e a excrección dos refugallos obtidos destes procesos. Isto permite reparar e construír estructuras da célula e adquirir a enerxía necesaria para os procesos celulares.
O intercambio de substancias pódese realizar de dúas maneiras:
-SEN DEFORMACIÓN DA MEMBRANA: *Por difusión simple. Só se intercambian gases (CO2, O2).
*Por difusión facilitada. Interveñen moléculas que transportan as substancias. Dentro de este tipo de difusión, podemos diferenciar dous tipos de trasporte segundo o tamaño das moléculas transportadas:
-Transporte pasivo: non implica un gasto de enerxía, só para moléculas pequenas. -Transporte activo: require un gasto de enerxía xa que implica un desprazamento de moléculas mais grandes.
-CON DEFORMACIÓN DA MEMBRANA:
*Endocitose: a membrana engloba unha partícula do exterior nunha vesícula e introdúcea na célula. Hai dous tipos: Fagocitose (inxestión de partículas sólidas; Fago= sólido) e Pinocitose (inxestión de partículas líquidas ; pino= líquido).
*Exocitose: as substancias que se van a expulsar son englobadas en vesículas e vértense fóra da célula. Isto é útil para a expulsión das partículas non dixeridas e os productos se secrección da célula.